O vindeiro sábado día 18 de Outubro (sábado), ás 21 horas, no Auditorio Municipal do Carballiño, celebrarase o XXVI Festival Galaico Portugués, punto de encontro de culturas, onde a música ten o principal protagonismo. Este ano participarán a Coral “Voces del Bierzo” de Ponferrada (León), a Coral de Chaves (Portugal), e a Coral Polifónica Casino do Carballiño (Ourense), como coral anfitriona.
Tódolos repertorios das corais, contemplan obras modernas, de polifonía variada, música portuguesa e música galega, así como de autores contemporaneos. Como xa ven sendo tradicional neste xénero de encontros o final as tres corais interpretarán conxuntamente o Canticorum iubilo de Haëndel. Farase entrega de agasallos e ramos de flores, así como o intercambio das partituras interpretadas no concerto. Pechará o Festival cunha cea.